Coanhadeira
Em alguns lugares da Galiza, as coanhadeiras eram as mulheres responsáveis por proceder à varredura dos restos logo após as duras jornadas de malhar os cereais. É a partir desta ideia que surge em 2006 a «Coanhadeira», uma banda de música folk que nos mostram os «restos» musicais conservados até aos nossos dias através da tradição oral da cultura galega.
" Boas, somos Coanhadeira e estamos de aniversario, fai xa dez anos que nos subimos por primeira vez a un escenario con esta proposta. Dende aquelas, algo xa mudamos, empezamos como quinteto tradicional e fomos sumando xente e instrumentos, a nosa música chegou a moitos festivais e diferentes países, no camiño tamén deixamos dous discos e un terceiro que sairá este ano. Pasaron dez anos pero seguimos con as mesmas ganas e forzas e con dous obxetivos que non mudaron, que o pasedes ben escoitándonos e que a nosa música siga soando galego.
Moitas grazas aos que nos acompañastes nesta viaxe, tanto aos músicos como a toda a xente que bailou e cantou nos nosos concertos.
Grazas por compartir esta viaxe. "
Site: http://www.coanhadeira.com/